ACTIVIDAD EN PDI
Puzle dixital da xeografía galega.
Area: coñecemento do medio
Ciclo: segundo ciclo de educación primaria
Obxectivos:
- identificar os diferentes relevos físicos das principais rías e ríos galegos.
-diferenciar os diferentes tipos de rías
-saber localizar os accidentes xeográficos principais do entorno galego
-nomear cada un dos accidentes xeográficos de Galicia.
Contidos:
-nomenclatura das rías e ríos galegas
-formación e ubicación dos principais accidentes xeográficos de Galicia
-identificación das rías altas con respecto das rías baixas
-identificación dos ríos galegos de acordo coa súa ubicación nas diferentes provincias.
Metodoloxía:
Na parte central da pizarra dixital vai aparecer o contorno do mapa de Galicia. Na parte
inferior dereita aparecerán nomeadas e en pequenas siluetas as rías galegas cos seus
respectivos ríos. O alumnado vai ter que seleccionar, identificar e situar cada accidente
xeográfico no seu respectivo lugar.
Antes de nada o profesor vai preguntar a súa clase se coñece algunha ría ou algún río da
xeografía galega. Estará presente na pizarra dixital para que o alumnado axude ao profesor a
ubicar aqueles ríos e rías que coñezan previamente.
Despois o profesor vai a presentar un vídeo e unhas fotografías dos accidentes xeográficos
galegos que van ser traballados e marcados co lapis dixital.
No hay comentarios:
Publicar un comentario